VI Outono de Bual

4 de avientu de 2013 DE 2013 • Glayiu

Os días 6 y 7 de dicembre, organizao pol Asociación Xuvenil Mezá, ha a celebrarse en Bual (Asturias) el VI Outono de Bual, festival de música, arte y lliteratura que se lleva fendo dende el ano 2008 y que ten como fin motivar y dar un pouco de vida al occidente asturiano.

Este ano, as xornadas pasan a denominarse Outono de Bual, antias chamadas Outono Cultural, y han a ferse en dous días. Como xa é d’avezo, estas sesióis van tar cargadas d’actos culturales. El venres día 6 vei ferse a presentación das xornadas na Casa da Cultura de Bual. Nella van participar dalgús nembros organizadores del Asociación Xuvenil Mezá y José Antonio Barrientos, alcalde de Bual. Despóis, y pr’arrancar col Outono, vei ferse un magosto nel Recinto Ferial de Bual de Riba, nel que, aparte de castañas y viño, hemos a cuntar cua presencia del grupo de gaitas Os Pampirolos de Grandas, que xa van tar de tarde tocando y cantando pollos bares da villa cua festa nomada «Pasa-pasabares 2013».

El sábado 7 van ferse a mayoría das actividades, como sempre, na Casa da Cultura: ás doce vei ter cabida a presentación del llibro novo de Miguel Rodríguez Monteavaro, "Todos os tristes de mayo" (Trabe, 2013), poeta bualés que forma parte del organización del Outono. Esta presentación é a primeira que se fai nel llugar natal del autor y nella ha a participar, a parte del escritor, Esther Prieto, responsable da editorial Trabe.

A tarde ha a concentrarse en dous dos actos. Ás 17:30 hemos a ter a charla titulada «Espacios colectivos en Asturias: La Madreña, La Casa Azul, Cambalache y La Semiente. Propostas y futuro», a cargo de Delfín Valdés, activista y músico del Entregu, que vén da parte de La Semiente; d’Eva Martínez, colaboradora del Local Cambalache d’Uvieo; Faustino Loi, de La Casa Azul de Navia, y de Jara Coscuruella, úa das responsables del CSOA La Madreña d’Uvieo. Despóis da conferencia vén a música. El grupo que fusiona jazz con tradición asturiana formao por Mapi Quintana y Elías García vei fer un concerto íntimo que forma parte de xira que tán dando por Asturias y que vei concluir cua grabación del sou primeiro disco.

Llougo, de noite, vei haber máis actividades. Antias de nada, a cía: este ano vamos fer, como novedá, un comedor popular con precios asequibles pra todos os que se quiran achegar y pra todos os que quiran colaborar (haberá menú vexetariano y menú pra nenos). Despóis, nel Recinto Ferial de Bual de Riba, ha a ser el concerto del grupo de «mecigayu-ska» La Tarrancha, que chega a Bual por segundo ano consecutivo pr’amostrar al público qué significa a palabra diversión. Al remate del concerto vamos poder cuntar col grupo madrileño Skainhead, que vén por primeira vez al occidente asturiano pra presentar a súa «Gira de fin de año 2013». Esta banda foi formada en 2007 y ten xa dous discos y úa maqueta y a súa forma d’entender a música básase la publicación íntegra dos sous álbumes a internet de forma
llibre, sin cuntar con discográficas nin deretos d’autor. Esta sesión
musical nocturna é parte da novedá del Outono del ano pasao, que tuvo muito
búa acoyida por parte del público.

Os actos van ser de baldre. A cultura asequible pral público é a base da
filosofía del Asociación Xuvenil Mezá, que xa ta conseguindo afianzarse y
ferse un furaco dentro das entidades organizadoras d’eventos de relevancia
cultural en Asturias.

Este ano, como os últimos, el Outono nun recibíu subvención por parte de
Política Llingüística y, cua escusa da crisis, féxose verdadeiramente
difícil el organización das xornadas.

Pol Outono Cultural xa pasaron noutros anos nomes tan relevantes na sociedá
como Alfredo González, Gerardo Díaz Quirós, Pepe el Ferreiro, Martxelo
Otamendi, Pablo Texón, Txetxu Altube, Michael Lee Wolfe, Jacobo de Miguel
ou a xente de Felpeyu, Vallarna, Espido y Tuenda. Esta é úa señal
inequívoca de qu’as xornadas que s’han vivir el 7 de dicembre en Bual xa
forman parte da cultura popular asturiana.

Programa completo

Venres 6 de dicembre

19:30. Presentación de VI Outono de Bual.

20:00. Pasa-pasabares 2013.

22:30. Magosto nel Recinto Ferial de Bual de Riba. Cos Pampirolos.

Sábado 7 de dicembre

12:00 Presentación de "Todos os tristes de mayo", de Miguel Rodríguez
Monteavaro.

Con Esther Prieto.

17:30. Mesa redonda: «Espacios colectivos en Asturias: La Madreña, La Casa
Azul,

Cambalache y La Semiente. Propostas y futuro».

19:30. Concerto: Mapi Quintana & Elías García.

22:00. Comedor con precios populares.

00:30. Concertos: La Tarrancha + Skainhead.