LAPAO, ¿de qué nos sorprendemos?

10 de xunu de 2013 DE 2013 • Moisés Cima

As personas del Reino d’España que nos esmolecemos polos deretos llingüísticos y polas llinguas dos nosos territorios atopámonos de sútaque con úa noticia un tanto chamadeira. El Goberno d’Aragón modificóu a llei de Llinguas recortando os escasos deretos llingüísticos alcanzados pola población aragonesoparlante y catalanoparlante d’esta comunidá. A nova llei, amás, ten a pecularidá d’eliminar os términos aragonés ou llingua aragonesa y catalán ou llingua catalana pra referirse ás llinguas propias d’Aragón, sustituíndo estos términos polos máis pintorescos de llingua aragonesa propia del área pirinaica y prepirinaica (LAPAPYP) y llingua aragonesa propia del área occidental (LAPAO), pra referirse, neste caso, al catalán de La Franja.
La Franja d’Aragó, La Franja del Ponent, La Franja del Llevant (del Ponent ou del Llevant según dende únde miremos) ou, xinxellamente, La Franja son os distintos nomes utilizados pra referirse a os territorios de fala catalana en Aragón, que forman precisamente úa franxa al oriente del mapa aragonés, na fronteira con Cataluña, y qu’atravesa as tres provincias. As áreas pirinaica y prepirinaica, pola contra, son as áreas oscenses unde a llingua aragonesa inda mantén vitalidá, anque históricamente se falara nas tres provincias aragonesas y en La Ribera navarra, d’ei que pra falar del aragonés medieval tamén se fale de navarro-aragonés.
Ambos términos, LAPAPYP y LAPAO, xeneraron polémica peró mui especialmente el usado pra referirse al catalán de La Franja, xa que s’omite en todo momento chamarye catalán a aquella llingua, chegando a caer núa denominación que lleva a engano, pois col término llingua aragonesa del área oriental pode pensarse que falamos d’úa llingua qu’é propia d’Aragón, concretamente del área oriental, ou pode interpretarse erróneamente que nos referimos ás variedades máis orientales da llingua aragonesa, condo en realidá falamos de dúas llinguas distintas, el aragonés, por un llado, y el catalán por outro, aunque as dúas se falen en territorio aragonés, y señan las propias d’este poblo.
Esta denominación tuvo úa resposta mui grande pola xente que nel Reino d’España lluita y se compromete pola llingua catalana, tanto en Cataluña como nel resto de comunidades unde se fala. Tamén os aragoneses esmolecidos pola realidá cultural del sou país (tanto os que lluitan pola normalización del catalán en La Franja como os que lo fain pola normalización del aragonés) sintiron gran decepción por esta llei que llimita inda máis os deretos llingüísticos dos aragoneses, y polas novas denominacióis llegales das dúas llinguas orixinarias d’Aragón. Especialmente pol desmembramento que se pretende, con esto, da unidá llingüística del dominio catalán (falamos de dominio llingüístico pra referirnos a os territorios unde se fala úa llingua).
Con todo, teño qu’admitir que nun entendo nada a sorpresa d’esta denominación. Nun é novo qu’el Goberno d’Aragón quera desvincular a llingua de La Franja de la del país vecín, que políticamente yes resulta tan incómodo. Nin é novo qu’os propios ciudadanos aragoneses de llingua catalana neguen esa vinculación. Asina, xa en 1962 saliron á lluz os mapas d’Aurelio M. Espinosa y Lorenzo Rodríguez Castellano sobre a denominación das llinguas románicas peninsulares, nos que podíamos ver cómo os aragoneses d’aquellas terras chamaban á súa llingua xapurriáu, xapurrat ou chapurrayáu. Esactamente igual qu’os falantes del Eo-Navia, que denominaban davezo á súa llingua como chapurrao, chapurrado, chapurriao ou con nomes localistas como ibiano ou tapiego.

xa que dende el romanticismo decimonónico esiste certa tendencia a confundir os dominios llingüísticos colos territorios identitarios, esto é, esiste certa idea a entender que se somos españoles, falamos español, se somos asturianos, falamos asturiano, se somos gallegos, falamos gallego...

Del mesmo xeito que na Franja ou nel País Valenciano (unde a denominación, xa non popular, senón oficial, é valenciano, nun claro intento d’amosar que nel País Valenciano nun falan a mesma llingua qu’os sous vecíos, políticamente molestos, del norte), nel Eo-Navia omítese a filación da llingua pra nun venceyalla cola dos vecíos (tamén molestos políticamente) del oeste, a pesar de qu’a Filoloxía ufértanos úa resposta clara respecto al que se fala neste territorio. Mesmo hai certa tradición oral, cada vez menor debido á politización del discurso llingüístico, de denominar gallego/galego á propia llingua. Tradición oral que perde peso en favor d’outras (principalmente a fala, anque tamén el chapurriao, nomes localistas ou outros). Nel noso caso nun é a FSA nin el PP os que sacan úa denominación nova pra negar a filiación llingüística del Eo-Navia, senón as propias institucióis llingüísticas, y os propios movementos de reivindicación llingüística (os que se moven na Asturias asturianofalante, peró tamén, y mui especialmente os que se moven na Asturias gallegofalante) os que sacan da manga novos términos, como el d’eonaviego pra deixar orfas de filiacióis llingüísticas políticamente incómodas a aquellas falas «fundamentalmente gallegas pero con algunos rasgos asturianos», a dicir de Dámaso Alonso.
Podemos considerar qu’en parte é normal qu’esto seña asina, xa que dende el romanticismo decimonónico esiste certa tendencia a confundir os dominios llingüísticos colos territorios identitarios, esto é, esiste certa idea a entender que se somos españoles, falamos español, se somos asturianos, falamos asturiano, se somos gallegos, falamos gallego... Y como a identidá das personas que vivimos nel Eo-Navia é clara (somos asturianos, y asina nos sintimos) cóstanos asumir que compartimos llingua, non colos nosos conciudadanos, senón colos ciudadanos del país vecín. Tanto é asina que desenvolvemos a nosa propia normativa, esclusivamente eonaviega (del mesmo modo qu’os gallegos desenvolven a súa propia normativa, diferenciadora da portuguesa, os valencianos desenvolven úa normativa y úa denominación diferenciadora pra con Cataluña ou Miranda del Douro con respecto al País Lleonés y Asturias).

Y é qu’as cousas nun se ven sempre igual dende os distintos llados das fronteiras. Desenganémonos, os cataláis poden ter mui claro qu’os aragoneses de La Franja falan catalán, ¿peró lo tein claro os aragoneses de La Franja? Ta claro qu’os asturianos del Eo-Navia, mayoritariamente, nun aceptamos ben que falamos gallego, y qu’os mirandeses nun tein claro que falan asturiano, por máis qu’en Asturias nos chufemos de que nas Terras de Miranda se fala asturiano (y, lo qu’é triste, por patético, nos chufemos da súa oficialidá de pacotilla), ou por máis qu’os gallegos se chufen de que nel Eo-Navia falamos gallego. Efectivamente é asina, eso é el que falamos. É asina porque asina lo corroboran os filólogos, y poque asina pode corroborallo colquera que teña mínimas nocióis d’estas llinguas y nun teamos comidos pol discurso de úa nación, úa llingua (discurso nel que s’apoyan os que defenden qu’el asturiano é úa variedá del castellano, por certo).
Realmente nun hai ningúa diferencia entre falar del valenciano y falar del mirandés, entre falar del LAPAO y falar del eonaviego.
Nun falamos d’úa situación nova nin peculiar. Del mesmo xeito qu’el PP catalán s’opuxo sempre á denominación d’occitano pra referirse á llingua del Valle d’Arán, apostando pola denominación d’aranés. Del mesmo xeito qu’hai organizacióis nel País Lleonés que sostéin qu’el lleonés y el asturiano son dúas llinguas distintas (anque outras asumen qu’é a mesma llingua, del mesmo modo qu’asumen que nel País Lleonés tamén se fala gallego) ou del mesmo xeito que nel País Valenciano ou en Baleares xurden movementos en defensa del valenciano y del mayorquín (del mayorquín principalmente, peró tamén del menorquín ou del ibicenco) frente al catalán, pois pra ellos son llinguas distintas, porque dicir que falan catalán sería lo mesmo que dicir que son cataláis, ou dicir (nel caso dos lleoneses ou mirandeses) que falan asturiano yes abulta tanto como dicir que son asturianos. Por esa razón falamos d’eonaviego ou de LAPAO (hai que reconocer que de todos os exemplos, os máis torpes denominando a llingua foron os políticos aragoneses).
Hai que dicir qu’úa llingua pode escribirse con distintas normativas, asina el asturiano-lleonés que s’utiliza nas Terras de Miranda ten úa apariencia tan distinta al que se utiliza nel resto del dominio, a pesar de ser úa mesma llingua, ou el gallego-portugués de Galicia s’estrema gráficamente del gallego-portugués de Portugal y das antiguas colonias portuguesas, tamén el gallego-portugués d’Asturias s’estrema gráficamente del de Galicia, a pesar de que llingüísticamente en Negueira (Galicia) tean máis cerca das falas d’Asturias (Grandas, Ibias, Eilao...) que das de Galicia, ou que San Tiso d’Abres (Asturias) tea llingüísticamente máis cerca das falas de Galicia que de las del resto del Eo-Navia.
É por eso que podo entender qu’en Cataluña se sorprendan del recén nacido LAPAO, al fin, ellos tán avezados a chamar á llingua del Valle d’Arán occitano máis qu’aranés, y saben ben que n’aquellas terras catalanas nun se fala catalán, peró nun soi a entender á xente que, con úa sensibilidá llingüística enorme, se sorprende en Asturias. Nosoutros llevamos xugando al xogo del LAPAO muito tempo, llevámosyes muita ventaxa a os políticos aragoneses, peró enténdese que lo qu’aquí é normal, en Aragón é úa aberración llingüística.