A voltas cua escolarización das nosas llinguas

7 de marzu de 2013 DE 2013 • Moisés Cima

Vei pra 37 anos que Conceyu Bable reclamara aquello de "Bable nes escueles", úa reivindicación qu’hasta finales dos oitenta nun se fixera estensiva al gallego-asturiano, y que ben a os finales dos noventa inda taba llonxe de ser úa realidá, pois anque houbera xa centros qu’ufertaban as asignaturas de Llingua Asturiana ou de Gallego-Asturiano inda nun era, nin de llonxe, a norma xeneral.
Y d’ello se queixaban nun artículo publicado en 1998 os maestros Dori Gión y Rafael Cascudo(1) condo dicían qu’el gallego-asturiano «sólo taba en dous centros oficiales, os colexos públicos “Ramón de Campoamor” de Navia y “Príncipe d’Asturias” de Tapia. Peró nel curso 96-97 nun se dotóu de maestro/a á escola naviega y temos muito medo de qu’eso seña a señal pá súa nova y definitiva desaparición nese centro». Como vemos, a tónica d’un pasín pr’alantre, dous pr’atrás, nun é úa tónica nova no que toca a escolarización das llinguas propias d’Asturias.
Quince anos despós dos llamentos dos dous maestros eonaviegos, a situación nun é mui alló, y anque é verdá qu’el asturiano y el gallego-asturiano tán presentes na mayoría dos centros públicos d’Asturies, tamén é verdá qu’os centros privados y concertados (esto é, centros que tein úa xestión privada, peró que pagamos todos) ufertan ou non el asignatura sigún os criterios dos equipos directivos, asina como son certas determinadas situacióis pintorescas que se deron, como que s’uferte Llingua Asturiana en cunta de Gallego-Asturiano nas escolas de Luiña (Ibias) y Berducedo (Ayande), a pesar de ser territorios de fala gallego-asturiana.
Por outro llado é común sintir a os maestros de asturiano y de gallego-asturiano queixarse da falta de materiales y de medios pra desarrollar el asignatura, úa asignatura que, desengañémonos, ben de veces vese reducida a úa maría na qu’os nenos botan el tempo dibuxando hurros y pintando trasnos. Úa asignatura pra la que, sobre todo nel caso del gallego-asturiano, nun hai case publicacióis y llibros de testo, tendo qu’amañar os profesores el material pola súa conta. Úa asignatura impartida por maestros y profesores en condicióis especialmente precarias, que nun poden acceder a úa praza d’esta materia (pois nun hai prazas, senón bolsas de trabayo), y que ben de veces abandonan pra dedicarse á especialidá na que si poden opositar y atopar úas condicióis miyores.

son certas determinadas situacióis pintorescas que se deron, como que s’uferte Llingua Asturiana en cunta de Gallego-Asturiano nas escolas de Luiña (Ibias) y Berducedo (Ayande)

Y todo esto núa situación llegal anómala nel Estado español, al tratarse d’úa asignatura que nun se pode encuadrar como llingua propia (al tratarse del enseño de llinguas non oficiales), peró tampouco como llingua estranxeira. Úa situación que fai qu’ante colquer cambio da llexislación estatal d’educación salten todas as alarmas sobre a posibilidá de qu’as asignaturas desaparezan ou queden nun limbo llegal. Finalmente el Goberno del Principado llogra manter el asignatura núa precariedá perpetua, vendéndonos a non desaparición d’úas asignaturas que xa se taban impartindo como un avance.
Nosoutros, non xa como asturianistas, como esquerdistas, nin como personas disidentes, senón como meros ciudadanos, nun podemos admitir que se venda el non retroceso ou el retroceso parcial como un avance. Somos ben conocedores das ventaxas que supóin pral desarrollo personal dos nenos el enseño da llingua propia. Somos ben conocedores das ventaxas que supóin a enseñanza billingüe, mesmo al hora d’aprender úa terceira llingua(2), somos conocedores de cómo a enseñanza monollingüe y d’espaldas á diversidá llingüística del mundo, y del propio país, sólo pode xenerar ciudadanos acomplexados, personas que, col tempo, han ser incapaces d’acercarse a outras culturas y outras llinguas, pois foron enseñados pra utilizar, comprender y apreciar úa sola llingua y, en muitas ocasióis, sólo vaguedades y tópicos d’úa cultura.

Entendo qu’as veces é necesario caer ben a un público que nun sempre ta disposta a escuitar as nosas demandas, entendo, ademáis, qu’as nosas demandas non sempre son mayoritarias (por nun dicir que poucas veces lo son) y entendo qu’hai que ser pedagóxicos y non impositivos, porque nin queremos impuer nada a naide nin temos a capacidá.

Asumir qu’a situación das nosas llinguas na escola ten que ser la d’úa asignatura optativa ou voluntaria, úas poucas horas á semana, y llonxe de colquer outra disciplina, pra las que sólo hai acceso en castellano, é asumir a morte lenta y silenciosa da presencia das nosas llinguas na escola, y, con ello, a morte das nosas llinguas. Asumir el discurso de la voluntariedá (quen quera sí, quen non quera non), é caer nel discurso falso y fato d’úa democracia que nos deixa escoyer sólo condo ye convén, pois a naide se ye pasa pola cabeza qu’os padres podan escoyer se matriculan en Llingua Castellana a os fiyos. Nun son os padres os que establecen os currículos educativos, nun son ellos os qu’escoyen cóntas horas se yes dá a os fiyos de Matemáticas y cóntas de Conocemento del Medio. Polo tanto, nun se m’ocurre ningúa razón pra que señan os padres os que decidan por unde capan el desarrollo intelectual dos fiyos.
Entendo qu’as veces é necesario caer ben a un público que nun sempre ta disposta a escuitar as nosas demandas, entendo, ademáis, qu’as nosas demandas non sempre son mayoritarias (por nun dicir que poucas veces lo son) y entendo qu’hai que ser pedagóxicos y non impositivos, porque nin queremos impuer nada a naide nin temos a capacidá. Peró nun podemos deixar, con ello, que se nos escape el discurso, aceptando un discurso de mínimos y presentándolo como un discurso de máximos, que, irremediablemente, acaba sendo recortado hasta axustarse a un discurso que nun é, pra nada, el noso. Porque asumir discursos de mínimos supóin acabar aceptando a folclorización das nosas llinguas como un avance, supóin aceptar a precarización del trabayo dos educadores como daqué normal, y asumir a pérdida d’espacios públicos prás nosas llinguas como un mal inevitable.
Porque as nosas llinguas nun poden considerarse nin un luxo nin úa nimiedá, porque sólo na diversidá llingüística é posible un entendemento plural del mundo, por eso, y porque nun quero qu’el gallego-asturiano y el asturiano morran, vou esta tarde, ás 19:00, na Escandalera, na concentración que convocan SUATEA y a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana.

(1) Gión, Dori & Cascudo, Rafael “Reflesióis alredor da enseñanza en gallego-asturiano”, Estudios das Terras del Navia-Eo, ALLA, Uviéu, 1998.
(2) Lasagabaster, David, “El aprendizaje de la lengua minoritaria y la extrangera: ¿dos compañía, tres multitud?, Llingua y lliteratura nes aules, ALLA, Uviéu, 2005.